Que queres ser de maior? Pode que sexa unha das preguntas que máis escoitamos cando eramos pequenos e que máis repetimos, agora, aos nenos e nenas que nos rodean. Aprender sobre aquelo que nos gusta e dedicarnos a iso para poder gañar cartos parece ser o soño de calquera. Incluso, existe a frase “traballa no que che gusta e non traballarás ningún día da túa vida”. Agora, é isto certo?
Así, este xoves ven falar connosco Fran Barcia, músico de profesión. Con el trataremos de entender que é o talento, que implicacións ten traballar do que nos gusta dende pequenos e que significa realmente isto.
Fecha: 5 de Febrero de 2026 a las 18:00
Programa: Estrelados na Estratosfera
categoría: Sociedad y cultura