1x7 Cantareiras

...

1x7 Cantareiras

Sendo este o último do primeiro ano buscamos que fora especial e falar de algo importante. Por iso, decidimos falar das cantareiras, mulleres ás que se lle dedicaron as letras galegas este ano e que compoñen algunhas das voces máis importantes para comprender a cultura e historia da Galiza. Elas son o soporte do coñecemento que se transmitiu de xeración en xeración durante séculos. Por desgraza, nos últimos tempos, ese traspaso de coñecemento sufriu un duro golpe e parou a súa lonxeva cadea... por sorte, moita xente logrou rescatar as súas pezas do esquecemento e, a día de hoxe, podemos desfrutar delas como nos vellos tempos.

E como non so o tema é importante, se non tamén a maneira de tratalo, buscamos a unha invitada que trouxera o mellor rigor, coñecemento e, sobre todo, sentimento da materia: Icía Varela. Profesora de canto e baile, filóloga e coautora do libro “Cantareiras”, ademais de cantareira mesmo... que máis podemos pedir?

Recordade, os xoves a partires das 18:00 en CUAC FM no dial 103.4.

PD: pedimos desculpas pola calidade do audio, un micro no estudio de CUAC xenerou un crepitar no son que tentamos de eliminar con programas de eliminación de ruido para non perder o programa gravado. Por este motivo, o son non quedou na calidade que quixeramos. Pedimos desculpas ós oíntes e sobre todo a Icía que nos deleitou ca súa interpretación e non puidemos deixar o rexistro que merecería.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 26 de Junio de 2025 a las 18:00

Programa: Estrelados na Estratosfera

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Iván Pensado Méndez

Iván Pensado Méndez

Víctor Fernández Alves

Víctor Fernández Alves

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo