Os videoxogos son moito máis que un simple pasatempo. Son un lugar ao que podemos recorrer para conectar cos nosos soños, paixóns e anhelos máis profundos. Un lugar apartadodo tempo e espazo que podemos compartir ou vivir de forma individual. Por todo isto, tivemos que facer unha segunda parte da Historia dos Videoxogos no Estrelados na Estratosfera (bueno, por iso e porque non nos dou tempo na primeira).
Así, nesta segunda parte falaremos da caída de SEGA, o rexurdir de Nintendo e a aparición de Sony no mundo dos videoxogos. Todo aliñado coa nosa nostalxia e moitas anécdotas sobre este rico mundillo.
Directo quincenalmente os xoves ás 18:00 en Cuac FM no 103.4, e sempre que queiras en RadioCo e na app de Cuac FM para Android e iOS.
PD: a gravación no estudio de CUAC, provocou un "crepitar" no audio do programa nos 2 primeiros minutos. A partir de ese momento, o audio escóitase perfectamente. É algo que non puidemos controlar, así que pedimos desculpas de antemán polas molestias
Fecha: 29 de May de 2025 a las 18:00
Programa: Estrelados na Estratosfera
categoría: Sociedad y cultura