Os videoxogos contan historias, mais poucas veces se conta a historia dos videoxogos. Unha aventura con enormes subidas e baixadas, loitas e estratexias encerelladas e mesmo espazo para o misterio.
Neste programa do Estrelados na Estratosfera, falaremos dos inicios máis humildes da industria, de como empezou a camiñar, da súa caída e rexurdimento e da guerra por excelencia deste mundillo: SEGA fronte a Nintendo. Un repaso por un dos elementos que máis nostalxia nos esperta para frear un pouco o ritmo que estabamos a levar.
Canción da intro: https://www.youtube.com/@cousxs7413
Fecha: 15 de May de 2025 a las 18:00
Programa: Estrelados na Estratosfera
categoría: Sociedad y cultura