Con este programa rematamos tempada con acústico en directo de Helena Egea. Grazas por vir.
queremos agradecer a Miguel Anxo conducir dende os controis esta ECUACION de hoxe .
grazas a Cris e Maria, Maria e Cris e a tódolos convidados e convidadas que pasaron por aquí .
volveremos en outono.
Ate entón unha aperta de Blanca, Jorge e Chus..
Helena Egea
Helena Egea vén de presentar o seu EP debut, Flares of life, despois de adiantos como “Glass” ou “Arrolo”. O seu é un proxecto onde a forza e a paixón da voz son protagonistas. A artista sumérxenos coas súas cancións nunha viaxe ao pasado que evoca a forza de mulleres como Aretha Franklin, Nina Simone ou Janis Joplin.
Nace como solista en acústico e consolídase en formato banda (guitarra, batería, teclado, baixo, voz e violín), tras a estrea no 2023 no Festival da Luz da man de Son Emerxente. Violinista e cantante, despois da súa experiencia en diferentes bandas e estilos sinte a necesidade de ter voz propia. Da raiba, frustración e a paixón nacen as súas primeiras composicións con referentes do jazz, soul, blues, pop e rock.
O repertorio está conformado por cancións principalmente en inglés e galego. As letras falan de reflexións sociais, vivencias propias e historias evocadas con imaxes, todo como medio de catarse e autodescubrimiento.
Fecha: 10 de Julio de 2025 a las 20:00
Programa: Ecuacion
categoría: Sociedad y cultura