1 Inicio o episodio cun repaso da axenda do Nadal de algúns barrios.
2 Volvemos a contar coa creatividade de Paula Cascallar, que neste episodio fainos un relato inquietante e máis aporta o terceiro episodio de “paula e Jim Morrison”.
3 Xa facía tempo que non pasaba polo programa Álvaro Pérez Sancho, da Asociación de Veciños de Palavea “Os Nosos Lares”. Falamos da pasarela, das actividades da Asoaciaón… ata de Intelixencia Artificial.
4 E para rematar convídovos a todos e todas a axudarme a facer o episodio do 23 de decembro. Mais ben quero que o fagades vos, xa que ese é o espíritu de Crunia Fala. Como vai ser a vispera de Noite Boa, manda un audio cun saúdo, cos agradecementos que lle fas o ano 2023 que remata ou as peticións que lle fas o 2024. Tamén podes facer peticións de cancións. Recorda mandar un enlace ó tema que queres que soe.
Mánda a tua nota de audio ou texto por WhatsApp o 644654145 ou polo email crunia@asociacionatlantics.org
O tema musical do programa é o tema “Redención” dos “Susie Q’s”
Neste episodio soan os seguintes temas:
Fecha: 9 de Diciembre de 2023 a las 12:00
Programa: Crunia Fala
categoría: Noticias y política