Aló imos cun novo episodio de Crunia Fala.
Empezo facendo una confesión, ou máis ben contando unha experiencia persoal, da miña esporádica relación laboral co mundo da estranxeiría e os menores.
De seguido fago un Crunia en Novas, con 3 twits destacados das asociación de veciños de Monte Martelo, Novo Mesoiro e Sector 7 Recinto Ferial.
Crónica do I CONCURSO DE TORTILLAS DE PATACAS da Sagrada Familia
Non faltou a nosa colaboradora habitual, Paula Cascallar.
Charlamos con Nacho González, Ilusionista que actuará na A Tobeira de Oza o sábado 20 de maio ás 18:00 horas.
Ligazons de interés
Neste episodio soan os temas PRECARIEDADE EMOCIONAL de Bratzantifa e ENCERRADO DE Playa Desmayo
O tema musical do programa é o tema “Redención” dos “Susie Q’s”