- Comenzaremos, na sección "A música dos deuses", cantando en directo o "Himno a Afrodita", letra de Safo e música de Susana de Lorenzo.
Falaremos do seu espumoso nacemento e das palabras que tamén naceron desta deusa.
- A parte de "miscelánea" será adicada á película "Hasta que llegó su hora", da que comentaremos a súa banda sonora e escoitaremos a versión que do "Tema de Jill" fixen coa Orquestra Sinfónica de Melide, co coro El Eco e coa dirección de Fernando Vázquez Arias.
Unha montaxe cos sons da película dará cumprida homenaxe a este inigualable film.
- A última parte do programa será para os Aforismos de ArtÉxtasis, ilustrados con arquivos sonoros e que concluirá cunha canción moi "persoal".