PRESENTACIÓN. O Goberno recorre a indemnización á familia Couso decretada pola Audiencia Nacional.
MÚSICA."You", Aretha Franklin.
ENTREVISTA con Serxia, Carlos e Inda, do proxecto Fungal Biomaterials, onde producen un material moi semellante ao coiro a partir de fungos e bacterias para facer marroquinería. No proxecto están involucrados o IES Fernando Wirtz e o IES Sardiñeira. Non só pretende ser un negocio de futuro para xente que agora mesmo está estudiando, senón que teñen en conta o ecoloxismo, como o traballo en residuo cero, e o feminismo, como o impulso de mulleres en estudios STEM e de homes en coidados.
MÚSICA. "Walking blues", Bonnie Raitt.
ENTREVISTA. Noelia Teijeiro, de Galegas 8M. Haberá manifestación o día 8 ás 12h desde o Obelisco á Praza de Tabacos. Baixo o lema "Sen Coidados Non Hai Vida", visibilizarán a importancia do traballo invisible da maioría das mulleres.
ECONOVA. A desaparición de insectos debido á acción humana: cambio climático, agricultura intensiva, luz artificia, etc. Falamos en especial de abellas, abellóns (máis polinizadores que as abellas) e lucecús.
MÚSICA. "Rara", Georgina.
NOVAS. Protesta na Agra do Orzán reclamando que non se permitan edificacións no futuro parque da Agra.
Fecha: 3 de Marzo de 2020 a las 18:00
Programa: Alegria
categoría: Noticias y política
Técnico de Son e analista político más alá do cristal.
Presentadora, locutora, analista da realidade sociopolítica coruñesa.
Conductor irreverente. No vos deixedes enganar pola sua afabilidade e trato cercano. En canto te confíes, farache a pregunta máis ...
Alma máter da sección "Econova", ecoloxista, ciclista, e amante da natureza. Novas con moito senso e unha especial predilección para ...