Hoxe, por fin, estivemos as catro personiñas que facemos o programa co reforzo dunha estudante de xornalismo francesa, Amelie, á que tamén entrevistamos. Tivemos Econova con cifras de moito susto sobre a contaminación do planeta.
Tamén realizamos unha ampla entrevista a Adrián García, sindicalista da CGT en EXTEL, que nos contou (en castelán porque imos compartir a entrevista con outras emisoras comunitarias) a situación que están a vivir con ERE do que tanto se está a falar na nosa cidade.
Tamén escoitamos a El Kanka para anunciar o seu concerto do 11 de decembro e presentamos á Calipso Rose, unha muller de 76 anos de Trinidad e Tobago que recibiu o premio a mellor artista no Womex 16 celebrado en Compostela a pasada fin de semán. Unha artista totalmente recomendable, segundo Tomi Desastre.
Fecha: 25 de Octubre de 2016 a las 18:00
Programa: Alegria
categoría: Noticias y política
Técnico de Son e analista político más alá do cristal.
Presentadora, locutora, analista da realidade sociopolítica coruñesa.
Conductor irreverente. No vos deixedes enganar pola sua afabilidade e trato cercano. En canto te confíes, farache a pregunta máis ...
Alma máter da sección "Econova", ecoloxista, ciclista, e amante da natureza. Novas con moito senso e unha especial predilección para ...