Hoxe tivemos duas entrevistas telefónicas sobre dous eventos moi interesantes que se celebran en Compostela e A Coruña ons vindeiros días. O Womex (World Music Expo) http://www.womex.com/ que podes disfrutar en Compostela en varios escearios con 300 artistas de 40 países tocando músicas do mundo. Diso falamos con Rocío Castro, da empresa galega Nordesía, responsables da organización desta edición. E máis tarde falamos con Quique Varela un dos organizadores de Ecogalia, o salón ecolóxico de Galicia [http://ecogalia.com/ ] que teremos na Coruña dende o venres ao domingo con actividades e stands para toda a familia e persoas que queiran consumir dun xeito responsable (incluso teremos a Mariano Fernández ofrecendo unha das charlas que coordinan os nosos amigos da Cooperativa de Consumo Zocamiñoca sobre consumo de Medios de Comunicación).
Ademáis comentamos cómo está a política nacional, o que se estaba a falar hoxe mesmo no pleno do Congreso; unha petición de 5 anos de cárcere para varios policías nacionais da Coruña por unha suposta agresión en 2012 a unha persoa que detiveron en Lonzas (un tema moi grave), a situación da pobreza en Galicia e tamén esa intención de artellar, por fin, a área metropolitana da Coruña que teñen todos os alcaldes da zona.
Fecha: 18 de Octubre de 2016 a las 18:00
Programa: Alegria
categoría: Noticias y política
Técnico de Son e analista político más alá do cristal.
Presentadora, locutora, analista da realidade sociopolítica coruñesa.
Conductor irreverente. No vos deixedes enganar pola sua afabilidade e trato cercano. En canto te confíes, farache a pregunta máis ...
Alma máter da sección "Econova", ecoloxista, ciclista, e amante da natureza. Novas con moito senso e unha especial predilección para ...