Programa no que repasamos moitos asuntos de actualidade e medo. Medo é saber que hai unha muller de 75 anos que leva 3 agardando por unha proba do SERGAS para poder operarse.
E escoitar a Alicia Keys na Marcha das Mulleres en USA. E saber que a Xunta vai pagar 14 millóns por 7 drones (ou que a Voz de Galicia explicou fatal a operación). E que Arabia Saudí a está facendo unha matanza no Yemen pero resulta que España considera boa idea venderlle armas. Ou que siguen empantanados os orzamentos municipais da Coruña.
Escoitamos a Bea coa Econova, por teléfono nesta ocasión. E recomendamos o concerto de Paquito de Rivera co Quinteto Cimarrón no Teatro Rosalía de Castro (mércores 25 de xaneiro).
Pasa e escoita!
Fecha: 24 de Enero de 2017 a las 18:00
Programa: Alegria
categoría: Noticias y política
Técnico de Son e analista político más alá do cristal.
Presentadora, locutora, analista da realidade sociopolítica coruñesa.
Conductor irreverente. No vos deixedes enganar pola sua afabilidade e trato cercano. En canto te confíes, farache a pregunta máis ...
Alma máter da sección "Econova", ecoloxista, ciclista, e amante da natureza. Novas con moito senso e unha especial predilección para ...