No primeiro Alegría desta tempada (e xa levamos trece!) tivemos tres entrevistas moi interesantes. A primeira chamada da tarde foi con David Soto e o "Congreso Anticapitalista" que convocaron diante do Palexco da Coruña, como protesta polo Congreso de Altos Directivos que está tendo lugar estos días na nosa cidade.
Seguidamente, conectamos con Ourense para charlar con Millán Brea, fundador do proxecto Radio Fedello que veñen de organizar o "Encontro Luso Galaico de Radios Alternativas".
E finalmente, presentouse o proxecto Músicos ao Vivo e para iso fixemos unha chamada dobre a Manuel Alonso e Xose Lois Romero, impulsores da iniciativa. 57 minutos de pura radio en directo. O vindeiro martes, máis!
Fecha: 6 de Octubre de 2015 a las 18:00
Programa: Alegria
categoría: Noticias y política
Alma máter da sección "Econova", ecoloxista, ciclista, e amante da natureza. Novas con moito senso e unha especial predilección para ...