Conexión en directo con Acampa desde os Xardíns de Méndez Núñez.
Que é ACAMPA?
ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, por persoas solidarias, e institucións e empresas con responsabilidade social.
Ten como obxectivo:
REDE ACAMPA é:
Unha expresión de compromiso coa Paz e o Dereito a Refuxio.
Promove á participación e a implicación.
É un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, das ONGs, dos activistas, especialistas e xornalistas que traballan no marco do periodismo humanitario.
Acollemos proxeccións, fotografía, música, teatro… eventos artísticos de todo tipo.
Tamén facemos a montaxe de campos de persoas refuxiadas simulados e organizamos visitas guiadas para que a cidadanía saiba como é un campo, e se achegue, por un pouco de tempo, ao que senten os que neles viven.
www.redeacampa.org
Fecha: 7 de Junio de 2024 a las 10:00
Programa: ACAMPA
categoría: Gobierno y organizaciones