Este foi o programa número 243 de "A fume de carozo", que se emitiu o 24 de abril de 2018. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O programa tratou sobre María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. Tamén lle fixemos unha entrevista telefónica a Eli Ríos, que escribiu unha biografía sobre ela. O programa foi presentado por: Manuel Fernández Ferreiro, Pablo Nicolás Enríquez Cotelo e Diego Pérez Varela, de 1ºA de Bacharelato.
Fecha: 24 de Abril de 2018 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación