Este foi o programa número 241 de "A fume de carozo", que se emitiu o 13 de marzo de 2018. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O programa consistiu nunha entrevista a David Arcay, ex-alumno do centro e campión do mundo de pesca. O guión foi elaborado e coordinado polo profesor Xesús Díaz Insua e foi presentado por alumnado de 4ºEP: Aron Colmenero Matesanz, Lucía Veiga Arcas, Lucía Almansa Gárate e Inés Gómez Pita.