9x17 Programa sobre as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas

...

9x17 Programa Sobre As Mulleres Homenaxeadas No Día Das Letras Galegas

Este foi o programa número 239 de "A fume de carozo", que se emitiu o 27 de febreiro de 2018. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. 

O programa tratou sobre as catro únicas mulleres que foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño e María Victoria Moreno, centrándose nesta última, que é a figura deste ano 2018. O guión foi elaborado pola profesora Lorena Martínez e foi presentado polas seguintes alumnas de 3ºESO: Ainara Fernández López, Natalia Gómez Salcedo, Alicia Santiso Ventura, Ana Suárez Varela e Clara Souto Ferreiro.

Podcast

Programme Details

Date: Feb. 27, 2018, 5 p.m.

Programme: A fume de carozo

Category: Education

RSS:

PARTICIPANTS

Roberto Catoira

Presentador

Roberto Catoira

Presentador

About

https://cuacfm.org/

Social Links

Our Address

comunicacion@cuacfm.org

This website is running RadioCo