Este foi o programa número 223 de "A fume de carozo", que se emitiu o 3 de outubro de 2017. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Como todos os anos, o primeiro programa da tempada serviu para presentar as principais actividades dos catro Equipos ou Departamentos máis clásicos do noso centro. Ana Fontán representou a Orientación, Lorena Martínez a Normalización Lingüística, David García a Pastoral e Adrián Eguizábal a Acción Social. O programa foi presentado por Eduardo Rama e Brais Martínez, de 4ºESO.
Fecha: 3 de Octubre de 2017 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación