Este foi o programa número 213 de "A fume de carozo", que se emitiu o 7 de marzo de 2017. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre a situación social e laboral da muller no mundo, e foi realizado conxuntamente por alumnado do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) e do Colexio das Calasancias da Coruña. O alumnado dos Escolapios que participou na locución foi: Daniel Martínez Fernández (2º Bach), Álvaro López Lafuente e José Antonio Varela Gómez (2º ESO). O alumnado das Calasancias que participou na locución, coordinado pola profesora Sabela Pita, foi: Ana Carballal Alvedro, Diego Iglesias Varela e Iago Formosel Núñez (3º ESO) e María Otero Martínez (2º ESO).
Fecha: 7 de Marzo de 2017 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación