Este foi o episodio número 390 de "A fume de carozo", que se emitiu o 3 de marzo de 2026. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O episodio tratou sobre os graos universitarios de Ciencias do Mar (campus de Vigo) e Ciencias Ambientais (campus de Ourense), ámbolos dous da Universidade de Vigo. Foi presentado polo seguinte alumnado de 2º Bacharelato: Sofía Franco Martínez, Antía Varela Blanco e Lucía Vázquez Porto.
As persoas entrevistadas foron:
- María Elsa Vázquez Otero, Decana da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.
- Fernando Rodríguez Rebelo, profesor da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, en representación do grao de Ciencias Ambientais.
Fecha: 3 de Marzo de 2026 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación