Este foi o episodio número 350 de "A fume de carozo", que se emitiu o 29 de outubro de 2024. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O episodio tratou sobre os graos universitarios de Matemáticas, Física e Enxeñería Aeronáutica e Espacial. Foi presentado polo seguinte alumnado de 2ºBacharelato: Celia Deus Padín, Antía García López, Irene López Lafuente e Jairo Piferrer Yepes.
O profesorado universitario entrevistado foi:
- Rosana Rodríguez López: Coordinadora do Grao e Vicedecana da Facultade de Matemáticas da USC
- Víctor Pardo: Vicedecano da Facultade de Física da USC
- Fernando Veiga: responsable de Captación e Orientación Universitaria da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo da UVIGO (campus de Ourense)
Fecha: 29 de Octubre de 2024 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación