Este foi o episodio número 360 de "A fume de carozo", que se emitiu o 28 de xaneiro de 2025. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O episodio tratou sobre os graos universitarios de Historia, Historia da Arte, e Xeografía e Ordenación do Territorio. Foi presentado polo seguinte alumnado de Bacharelato: Gabriel Barba Díaz e Pelayo Seoane López (1º), Elena Infante Rodríguez e Álex Vázquez Fernández (2º).
O profesorado universitario entrevistado foi:
- Xosé Manuel Sánchez Sánchez, en representación do Grao de Historia, profesor axudante doutor da área de Historia Medieval
- Miguel Anxo Rodríguez González, en representación do grao de Historia da Arte
- Valerià Paül Carril, coordinador do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio