Este foi o programa número 325 de "A fume de carozo", que se emitiu o 21 de novembro de 2023. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este episodio foi o segundo dedicado á orientación académica e profesional, concretamente aos graos universitarios relacionados co mundo da Moda, como Deseño e Xestión Industrial de Moda. Foi presentado polas seguintes alumnas de 2ºBacharelato: Lucía Durán Pombo, María Serra Serrano, Raquel Pérez Garrido e Noa Bello Pardo.
Entrevistaron a Marcos Dopico Castro, Decano da Facultade de Deseño da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) que ten unha especialización en Deseño de Moda, e a Manuel Escourido Calvo, Coordinador do Grao de Xestión Industrial de Moda da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol).
Fecha: 21 de Noviembre de 2023 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación