Este foi o programa número 321 de "A fume de carozo", que se emitiu o 24 de outubro de 2023. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este episodio foi o primeiro dedicado á orientación académica e profesional, concretamente á presenza das mulleres nas carreiras tecnolóxicas como Enxeñería Informática, Intelixencia Artificial e Ciencia e Enxeñería de Datos. Foi presentado polas seguintes alumnas de 2ºBacharelato: Alba García Calvete, Sara Sánchez González, Alba Seijas Lomba e Laura Teresa Varela Lema.
Entrevistaron a Bertha María Guijarro Berdiñas e Virginia Mato Abad, profesoras da Facultade de Informática da UDC. Bertha Guijarro é actualmente a coordinadora do Grao de Intelixencia Artificial da UDC e Virginia Mato é unha das codirectoras da Cátedra Aldaba-WIB das Universidades da Coruña e Vigo.
Fecha: 24 de Octubre de 2023 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación