13x23 Programa sobre Orientación Académica e Profesional de Enxeñerías Industriais

...

13x23 Programa Sobre Orientación Académica E Profesional De Enxeñerías Industriais

Este foi o programa número 340 de "A fume de carozo", que se emitiu o 23 de abril de 2024. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. 

Este episodio foi o sexto dedicado á orientación académica e profesional, concretamente aos graos universitarios relacionados co mundo da Enxeñería Industrial. Foi presentado polo seguinte alumnado de 2ºBacharelato: Daniel Ruiz López, Carlos Muñoz Fernández e Xoel Eiroa Zas.

Entrevistaron ao seguinte profesorado das universidades galegas:

- Vicente Díaz Casás, Director da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña

- Carolina Camba Fabal, Subdirectora de Estudantado e Difusión da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol

- Xanel Vecino Bello, Subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo

- María José Vázquez Vila, Coordinadora do Grao de Enxeñería de Procesos Químicos Industriais no Campus de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela

Podcast

Programme Details

Date: April 23, 2024, 5 p.m.

Programme: A fume de carozo

Category: Education

RSS:

PARTICIPANTS

Roberto Catoira

Presentador

Roberto Catoira

Presentador

About

https://cuacfm.org/

Social Links

Our Address

comunicacion@cuacfm.org

This website is running RadioCo