Este foi o programa número 331 de "A fume de carozo", que se emitiu o 23 de xaneiro de 2024. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este episodio foi o cuarto dedicado á orientación académica e profesional, concretamente aos graos universitarios relacionados co mundo da Bioloxía e da Química. Foi presentado polo seguinte alumnado de 2ºBacharelato: Marta Parrado Ruiz, Álvaro Pedre Varga e Marcos Rodríguez Baleirón.
Entrevistaron ao seguinte profesorado das universidades galegas:
- Ángeles Peña, Decana da Facultade de Química da Universidade de Vigo
- Ramiro Barcia, Coordinador do Grao de Bioquímica no Campus de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.
- Lucía Couceiro, Coordinadora do Grao de Bioloxía da Universidade da Coruña
- Mª Teresa Vilariño, profesora e ex-coordinadora do Grao de Química e Vicedecana de Calidade na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña
- Ana María Ferreiro, Coordinadora do Grao de Nanociencia e Nanotecnoloxía
Fecha: 23 de Enero de 2024 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación