13x10 Programa de orientación académica e profesional sobre Comunicación

...

13x10 Programa De Orientación Académica E Profesional Sobre Comunicación

Este foi o programa número 327 de "A fume de carozo", que se emitiu o 5 de decembro de 2023. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. 

Este episodio foi o terceiro dedicado á orientación académica e profesional, concretamente aos graos universitarios relacionados co mundo da Comunicación, como Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas e Creación Dixital, Animación e Videoxogos. Foi presentado polos seguintes alumnos de 2ºBacharelato: Hugo Amigo Suárez, Iago Díaz Coto, Carlos Infanzón Ocampo e Daniel Maslovskiy Belov.

Entrevistaron a José Juan Videla (profesor en Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, da UDC), Sara Pérez Seijo (profesora en Xornalismo da USC) e Emma Torres-Romay (Decana da Facultade de Comunicación da UVIGO, onde se imparten Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas).

Podcast

Lista de programas

Fecha: 5 de Diciembre de 2023 a las 17:00

Programa: A fume de carozo

categoría: Educación

RSS:

PARTICIPANTES

Roberto Catoira

Presentador

Roberto Catoira

Presentador

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo