Este foi o programa número 281 de "A fume de carozo", que se emitiu o 26 de novembro de 2019. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O programa tratou sobre diferentes deportes que practican varios alumnos e alumnas de 2ºBacharelato, que tamén presentaron o programa: Ángel Gómez Feás (baloncesto), Rubén Martís Díaz (fútbol), Ana Prieto Conde (rugby) e Nuria Richer Gusano (ping pong).