Este foi o programa número 289 de "A fume de carozo", que se emitiu o 18 de febreiro de 2020. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O programa homenaxeaba a Rosalía de Castro co gallo do seu nacemento e foi presentado polas seguintes alumnas de 4ºA ESO: Noelia Gutiérrez Zuluaga, Andrea López López, Mecía Riveiro Pérez, Alba Tahoces Rodríguez e Noa Varela Fernández. Recitaron en directo poemas de Rosalía os seguintes alumnos e alumnas de Primaria: Laura Blanco e Icía Vara (1ºEP), Ada Barral Leira, Héctor Freire Rivas e Raquel González Valcárcel (2ºEP), Iago Sánchez-Montaña, Emma Lage e Michelle Roca Rivera (4ºEP), Manuela Pinto, Noelia González e Eva Veiguela (5ºEP) e Carolina Losada, Alejandra Méndez e Álvaro Monje (6ºEP). Tamén se escoitaron gravacións de 4ºB de Infantil e do grupo de Teatreiros de 3ºEP.
Fecha: 18 de Febrero de 2020 a las 17:00
Programa: A fume de carozo
categoría: Educación