A emisora ​​comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXIII edición do seu Certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais.

O obxectivo principal é promover a cultura musical na nosa contorna e dar a coñecer proxectos que non teñen unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas e coruñesas, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de todo o estado español.