O obradoiro Mocidade, Radio e Sofware Libre “construíndo redes para una comunicación alternativa” quere se un espazo de interacción e aprendizaxe para a mocidade galega.

Buscamos conectar dúas comunidades presentes na Galicia: a comunidade do software libre e a rede galega de medios libres e comunitarios, e crear sinerxias con outras redes estatais e europeas como a Rede de Medios (ReMC), a Asociación Mundial de Medios Comunitarios (Amarc) e as iniciativas de comunicación cidadá existentes en Portugal.

Queremos ser un espazo de innovación social e tecnolóxica, desenvolvendo, de maneira colaborativa con outras redes e colectivos, proxectos de comunicación social baseados en tecnoloxías abertas.