CUAC FM Deu cobertura informativa en directo á Feira da Economía Social da Coruña celebrada na Praza de Pontevedra da Coruña o día 31 de maio de 2014, e que xuntou a máis de 40 entidades que tratan de dar visibilidade a un modelo de economía solidaria, participativa, local e na que se substitúe competir por cooperar.

CUAC FM entrevistou ás entidades impulsoras da Feira, coma Intermón-Oxfam e o Proxecto Integral. Máis tamén a diversas experiencias de economía social e sostibilidade como a ONDG Amaramte Setem, as cooperativasZocaMiñoca, Nosa Enerxía, Fiare Banca Etica, Mulleres Colleiteiras, Velo-ai-vai (transporte ecolóxico), ourbanismo e a arquitectura sustentable, as enerxías renovables, a cultura libre (como o proxecto Galiza Imaxinaria), o hardware e software libre, a tecnoloxía aberta, os mercadiños de troco, a cociña solar