A Escola de Radio e Asociacionismo de CUAC FM naceu co obxectivo de facilitar a participación da cidadanía aos medios de comunicación social e mellorar a alfabetización mediática dos e das cidadáns da Coruña. CUAC oferta cursos e actividades de formación para mellorar os teus coñecementos sobre radiodifusión,  locución, realización e produción radiofónicas. A nosa escola pretende, tamén, favorecer o coñecemento e dominio das técnicas de dinamización sociocultural.