Cobertura especial de CUAC FM, en directo, dende o parque de Santa Margarida, co gallo da celebración do Día da Ciencia na Rúa, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias.

CUAC FM realiza, dende hai cinco anos, este programa comunitario especial onde os verdadeiros protagonistas da xornada son os xóvenes investigadores e científicas, profesorado e alumnos e alumnas de moitos centros educativos da provincia da Coruña, e máis alén, que nos amosan os seus experimentos científicos a través das ondas radiofónicas.

Podes escoitar os programas completos dos días da ciencia na rúa dende a edición 2013 no enlace da dereita.