CUAC FM, a Emisora Comunitaria da Coruña ven de convocar a XXV edición do seu Concurso de Bandas e solistas a nivel estatal. 

Para celebrar a 25 edición do concurso logramos repartir 5. 000 euros en premios, recuperar o premio á Mellor Canción en Galego e mantemos o Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa

Dúas bandas galegas participantes actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia no mes de agosto. 

PARTICIPA

Podes participar se tes un proxecto musical cun máximo de 15 temas editados e que non gañase ningún premio en edicións anteriores. 

O prazo para enviar propostas finaliza o 10 de xuño de 2023.

O XXV Concurso de CUAC FM para Bandas e Solistas rexerase polas seguintes BASES:

 – Descarga as bases en GALEGO

– Descarga as bases en CASTELÁN

INSCRIPCIÓN: 

Para inscribirvos, cumprimentade  ESTE FORMULARIO.

Para solventar dúbidas enviade un email a: concursobandas@cuacfm.org

ORGANIZA: 

SUBVENCIONA: 

COLABORA: 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.