Vídeo do programa especial-inauguración do Estudo Rafaela Hervada, 27.03.2023.

O 27 de abril de 2023 CUAC FM, a Emisora Comunitaria da Coruña cumpriu 27 anos en antena, e celebrouno cun acto moi especial, a inauguración oficial do seu novo estudo de emisión, que foi nomeado coma Estudo Rafaela Hervada, en recoñecemento da que fora a primeira directora dunha emisora de radio en España e directora de Radio Coruña ata 1989, unha muller cuxa voz lembrou Teba Chacón no programa especial conxunto que CUAC FM e RADIO CORUÑA emitiron no día de onte:

Imaxe do programa conxunto de CUAC FM e RADIO CORUÑA, con Teba Chacón, Isa Lema, Mariano Fernández, Chus Abeledo e Noel Turbulencias, no Estudo Rafaela Hervada, 27.03.2023.

Escoita o programa conxunto en: https://cadenaser.com/embed/audio/460/1679907310751/

Ademáis, CUAC deu tamén nome, ao espazo de traballo que ocupa a asociación nos estudos da Zapateira, e que a a partires de onte pasou a chamarse “Redacción Xohana Torres”, en recoñecemento desta escritora ferrolana, que tamén tivo unha estreita colaboración coa radio, dirixindo varios programas culturais radiofónicos na radio local.

Continuando coa programación especial deste día, o acto de inauguración, tratándose dunha radio, foi retransmitido en directo, e tivo aos micrófonos, como protagonistas, a Borja Bejerano, sobriño de Rafaela Hervada e director xeral de Radio Coruña, Pilar García Negro, catedrática de literatura da UDC e amiga persoal da finada Xohana Torres, e Isabel Bravo locutora de Radio Coruña-Cadena Ser.

Imaxe do programa especial inauguración do Estudo Rafaela Hervada, luns 27 de marzo de 2023, 19:45 horas.

Este programa estivo conducido por Tomi Desastre, Mariano Fernández- Mr. Bugalú aos controis técnicos, e contou coa participación de membros de CUAC FM, coma Paula Alonso, actual presidenta de CUAC, Roberto Ansede, ex-presidente de CUAC e actual secretario da asociación, e Isa Lema, ex-presidenta de CUAC e actual membro do consello director de AMARC-EUROPA, a Asociación Europea de Radios Comunitarias.

Documental NADA QUE VER, estreado por CUAC FM en 2022

Co gallo do seu aniversario, CUAC ven, tamén, de publicar en Internet, a través desta WEB e da súa canle de youtube, o documental NADA QUE VER, dirixido polo cineasta IAGO PRADA, que recolle, nunha hora, a traxectoria desta emisora de radio local e comunitaria. En apenas 2 días, o vídeo conta con máis de 600 reproduccións.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.