Cartaz Escola de Outono Cuac FM 2021

O Colectivo de Universitarios Activos -CUAC- celebrará esta fin de semana a ESCOLA DE OUTONO “CONSTRUÍNDO MEDIOS COMUNITARIOS MÁIS RESILIENTES“, aberta a calquera persoa interesada en coñecer máis de preto a labor das radios comunitarias.

A Escola desenvolveráse a tarde do venres 19 de novembro e a mañá do sábado 20 de novembro de 2021. O lugar do evento é a Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique de Abrigo. Dique Barrié de la Maza, s/n., 15001 A Coruña).

A inscripción na Escola é gratuíta e aberta, ata completar o aforo. Para participar deberá cumprimentarse este FORMULARIO.

A Escola de CUAC está destinada á formación e empoderamiento de comunicadoras sociais pertencentes ás radios comunitarias. Contaremos coa participación nos diferentes paneis de experiencias, de representantes de ONDA MERLÍN COMUNITARIA (Madrid), ONDA COLOR (Málaga), RADIO TELEVISIÓN DE CARDEDEU (Cardedeu), RADIO FILISPIM (Ferrol), RADIO SIBERIA (Vitoria-Gasteiz), e RICCAP, a Rede de Investigadores en Comunicación Comunitaria, Alternativa e Participativa. Dende CUAC FM participarán os responsables do programa “Escuela de Familias” da Coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM, que presentarán o proxecto de innovación tecnolóxica para desenvolver un estudo remoto de radio para afrontar o impacto da COVID-19.

PROGRAMA

VENRES 19.11.2021

17:00 Inauguración da Escola

17.15 As radios comunitarias como ferramentas dinamizadoras da comunidade

Presenta e modera: Puerto Pérez Domínguez

  • A experiencia de acción social de Onda Color no barrio de Palma Palmilla. Alejandro Blanco, Onda Color (Málaga).
  • Empoderando as redes veciñais do barrio de Villaverde a través da radio comunitaria. Alicia Barba Baños e José Manuel Mínguez, Onda Merlín Comunitaria (Madrid).
  • Escuela de Familias. Un programa para a sensibilización intercultural e a participación das familias migrantes na escola. Duvraska Plaza, CUAC FM (A Coruña).
  • Coloquio

18.30. Resiliencia frente á pandemia. Éxitos e aprendizaxes das radios comunitarias en tempos de coronavirus.

Presenta e modera: Paula Alonso Carracedo

  • A fortaleza do traballo en rede: a experiencia da Rede de Medios Comunitarios. Begoña Sánchez Corrales, Radio Siberia (Vitoria-Gasteiz).
  • A importancia da radio e televisión de proximidade: o exemplo de Radio Televisión de Cardedeu. Manel Calvet Arrollo, RTVC (Cardedeu).
  • A resposta de Radio Filispim aos retos da pandemia. Vicente Irisarri. Radio Filispim (Ferrolterra). 
  • A innovación tecnolóxica ao servizo da radio comunitaria, a experiencia de Cuac FM. Chema Casanova e Fernando Souto, CUAC FM (A Coruña).
  • Coloquio 

19:45. Presentación do libro: “La Comunicación Desde Abajo. Historia, sentidos y prácticas de la comunicación alternativa en España”

Presenta e modera: Mariano Fernández Cabarcos

  • Alejandro Barranquero (coordinador, presidente de RICCAP)
  • Isabel Lema Blanco (coautora)

20:00. Peche da xornada.

SÁBADO 20.11.2021

10:30 Sustentabilidade do Terceiro Sector da Comunicación. Deseño e aplicación de indicadores

Presenta: Isabel Lema Blanco

  • Alejandro Barranquero, coordinador do proxecto SOSCom, Universidad Carlos III (Madrid)

10:45 Visualizando o futuro. Taller de escenarios para as radios comunitarias.

  • Facilitadores: Isabel Lema Blanco (Universidade da Coruña) e Alejandro Barranquero (Universidad Carlos III)
  • Participantes: todas os/as radioactivistas asistentes.

12:00 Taller: ON AIR: Reiniciando CUAC FM

  • Facilitadores: María Martínez e Martín Añel
  • Participantes: todas as persoas asistentes.

14:30. Peche da Escola

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POR

COA COLABORACIÓN DE

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.