Información completa en https://asociacionatlantics.org/lalocurasuprema/

A Asociación educativa Atlantics vai realizar un grande esforzo loxístico e de voluntariado para compartir coa audiencia de CUAC FM no 103.4 do dial coruñés, así como na web cuacfm.org e nas redes sociais da asociación, a emisión durante 23 horas e media sen interrupcións dun maratón de radio solidario.

O obxectivo é lograr fondos para o Banco de Alimentos Rías Altas.
Durante todo o tempo que dure a emisión, así como antes e despois, pódese doar fondos a través de diversos sistemas (Paypal, Bizum e conta bancaria) que están na páxina web lalocurasuprema.es


Pasarán polos micros xentes da comunicación, da cultura, do mundo asociativo, de entidades solidarias… Por destacar algunhas das persoas conviadadas, podemos sinalar a Juan Carlos Ortega, Pedro Brandariz ou Melania Cruz. Haberá tamén intervencións dende o extranxeiro, como a das mexicanas Luisa Alfaro e Mon López.

Convidámos a toda a xente amiga de CUAC FM a colaborar na medida das súas posibilidades, ademáis de disfrutar das emisións dos nosos compañeiros e toda a xente convidada.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.