No marco do IYIMEETING (Encontro de xóvenes investigadores internacionais) organizado polo INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña) en colaboración cos Museos Científicos de A Coruña, o programa de radio “La Ciencia es Femenino” de CUAC FM recibiu o galardón “Mujeres en Igualdad” que otorgaba Executivas de Galicia dentro do citado encontro.

O premio pretende destacar a importante labor de promoción da igualdade de oportunidades na ciencia. Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia, foi a responsable da entrega do premio a Ariana F. Palomo, principal responsable do programa que se emite cada dous domingos de 12 a 14 horas.

Podes disfrutar dos programas xa emitidos no seu podcast: https://cuacfm.org/radioco/programmes/la-ciencia-es-femenino/

Dende a emisora desexamos felicitar a todo o equipo do programa, composto por Ariana F. , Lara Ruiz, Eva Muñoz, Paz Barros, Eva Castro, Mariví Iglesias e Jorge Delgado, polo espectacular traballo que están a realizar.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.