O programa realizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda emítese cada martes de 19 a 20 horas en CUAC FM e vai camiño dos 300 programas.

En RECENDO CUACFM estreamos o ano entrevistando a MABEL RIVERA que quixo compartir coa audiencia de CUAC FM interesantes reflexións sobre o mundo da cultura de do audiviovisual galego cheas pasión e non exentas de crítica… Toda unha gozada escoitala.
O programa tamén adicou unha agarimosa homenaxe á memoria do noso querido LINO BRAXE finado o pasado día de Nadal emitindo varias das súas cancións da “Caricia da Serpe” e recitando o seu poema “A cor do ceu”. Mabel Rivera animouse tamén a recitar un texto do seu amigo e compañeiro Lino e o programa quedou moi emotivo.
D.E.P. LINO BRAXE, grazas por todo o traballo en prol da CULTURA GALEGA.
Quedas co audio do programa, estamos seguros de que o vas disfrutar moito. https://cuacfm.org/radioco/programmes/recendo/12×12/
