Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é estudio-cuac.jpg

  • A Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM 103.4 comeza a súa 25ª Tempada Radiofónica. Unha tempada marcada pola Covid-19, pero na que a emisora continuará coa súa labor de abrir as ondas radiofónicas á cidadanía.
  • CUAC FM escoítase no 103.4 do dial coruñés, en streaming cuacfm.org/directo e tamén na APP gratuita CUAC FM. Todos os programas están dispoñibles en formato podcast na web da emisora escasos segundos despois de ter finalizada a emisión en directo.

A 25 tempada de Cuac FM comenza cunha programación que conta cunha treintena de programas propios, realizados por socias e socios de CUAC de todas as idades e, coma sempre, abordan unha variedade de temáticas, o que ven sendo a marca diferencial de CUAC FM.

Os luns contamos con programas musicais como como DJ Gaby Oro e Cuak’n’roll, seguidos de “El Desinformativo” e Minority Sports.

Os martes chegarán á grella Alegría, Recendo, EnWorking e Spoiler.

Os mércores contamos con programas tan veteráns como Café con gotas e Simplemente gente.

Os xoves podes escoitar RadioSénior, Escuela de familias, Turbulencias, Manda Carallo e EnBoxes.

A fin de semana comeza en Cuac FM o venres pola tarde con Heima, Mi rollo es el rock, Multiplex e Loco Iván.

Os sábados somos madrugadores en Cuac FM. Comezamos as 11:00 con Orión 2.1 e rematamos o día con MalhumorHadas.

Os domingos contamos con La Ciencia es Femenino, Bipolares e Circo Pirata.

Cuac FM segue a contar con programas externos como Carne Cruda, Ábrete de orellas, La Cafetera, O Recanto do Corcovado, La Biblioteca Perdida ou El Otro Coronavirus.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.