Heima

O Colectivo de Universitarios Activos -CUAC-, a asociación cultural que xestiona a emisora comunitaria CUAC FM, ven de elixir a súa nova xunta de directiva, que representará a esta asociación polo periodo 2020-2022.

O pasado sábado 26.09.2020 CUAC celebrou a súa primeira asemblea en formato virtual, na que participaron unha boa representación das máis de cen persoas socias coas que conta a entidade.

Nesta asemblea elixiuse, por unanimidade, a nova xunta directiva, que estará presidida por Paula Alonso, presentadora e directora do programa cultural “Heima“.

Paula agradeceu a confianza da asociación e aproveitou a ocasión para lembrar que CUAC FM cumprirá o vindeiro ano o seu 25 aniversario e que, a pesares do Covid19, esta emisora libre e comunitaria ten xa preparadas diversas actividades que se despregarán ao longo de toda a tempada que comeza agora.

A Xunta directiva íntegra complétase cos seguintes nomes:

Presidenta- Paula Alonso

Vicepresidente- Miguel Anxo Facal

Secretario- Roberto Ansede

Tesoureira- Chus Abeledo

Vogal- Concha Maneiro

Vogal- Gabriela Frías

Vogal- Brais Fernández

Con estes nomeamentos garántese un equipo que, coa colaboración das persoas involucradas nas diversas coordinadoras da asociación, serán quenes se encarguen de organizar as celebracións en 2021 o vintecinco aniversario de CUAC FM.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.