O mércores 12 de febreiro de 18 a 20 horas a Radio Comunitaria da Coruña achegarase ao Centro Cívico de Elviña para realizar un programa dende o salón de actos. O acceso é libre ata completar aforo. Durante a emisión falaremos coas persoas asistentes, representantes de asociacións do barrio e teremos ao músico Paul Álvarez, compositor e guitarrista, para pechar o programa.

O xoves 13, que é realmente o Día Mundial da Radio, estaremos no CCM de Los Rosales, un espazo cheo de vida. Alí celebraremos o programa nº 100 dos nosos compañeiros de Radio Activa, o programa realizado polo equipo de Padre Rubinos e tamén emitiremos Internet de tu color favorito, unha vez máis dando protagonismo ás voces do barrio. Tamén será de 18 a 20 horas no Salón de actos, en plena Praza Elíptica.

Segue as emisións de CUAC FM a través da fm no 103.4 ou en internet a través da nosa app, Tune in ou https://cuacfm.org/directo/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.