CUAC FM, a Radio Comunitaria da Coruña, emitirá a partires das 21:00 horas un PROGRAMA ESPECIAL INFORMATIVO de seguimento dos resultados desta dobre xornada electoral.

Escoitanos no 103.4 FM da túa radio ou na nosa Web https://cuacfm.org/directo/

E coñece todo o que está a pasar minuto a minuto no noso LIFEBLOGUE e nas nosas redes sociais co hashtag #CUAC26M

CUAC FM montará un dispositivo informativo especial dende as 21:00 horas, e iremos dando conta dos primeiros resultados provisionais dos comicios locais na bisbarra.

Conectaremos coa sedes dos principais partidos políticos da cidade, entrevistaremos a persoas integrantes das diferentes candidaturas locais.

Así mesmo, conectaremos con politicos galegos que se presentan por diferentes partidos políticos ao Parlamento Europeo.

O noso equipo de reporteiros relataranos como viven os resultados electorais os partidos que se xogan a Alcaldía da Coruña.

Contaremos ademáis con expertos polítologos e sociólogos que nos aclararán moito máis os resultados das diferentes enquisas electorais publicados na xornada de hoxe.

Todo esto e moito máis nunha cobertura electoral que comezará ás nove da noite e rematará cando peche o reconto e podamos escoitar as verbas dos/das candidatas gañadoras.

Un programa especial realizado por CUAC FM, cunha equipa conformada por Isa Lema, Bea Ulalume, Chema Casanova, Mr. Iverson, Ozzy de Castro, Fernando Liñares, Paula Alonso, Garou, Tomi Desastre, Iriana Ariana F. Palomo, Miguel Anxo Facal e Javier Sal.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.