A Emisora Comunitaria da coruña CUAC FM, por segundo ano consecutivo, realizou a
produción e a gravación das cuñas radiofónicas que utilizarán para difundir á cidadanía as
actividades previstas para o Evento 2018 que realizará nos xardíns de Méndez Núñez, na
Coruña, do 14 ao 16 de Xuño e tamén no Quiosco Alfonso e a Sala Salavdor de Madariaga.
As accións previstas de sensibilización cara á cidadanía que esta ano levarán o título de
“Acampa, pola Paz e ou dereito a Refuxio polo Cámbio Climático”, constarán de:
conferencias, actividades lúdicas, proxección de documentais sociais, exposicións de foto-
xornalistas, explicacións dos actores de ong que actúan sobre o terreo, concertos musicais e
unha réplica física dun campo de refuxiados por cambio climático. Toda a información e a
programación irase actualizando a través da web oficial: www.acampa.eu
Esta é unha das cuñas gravadas en Radio CUAC para Acampa.
As conferencias do Evento 2017 están dispoñibles na seguinte
ligazón:https://cuacfm.org/radioco/programmes/acampa/
Forman parte da “Rede Acampa” a nosa emisora e 53 organizacións locais e nacionais e
contan con 155 socios/as

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.