Comunicado CPXG

Comunicado CPXG

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta, nun comunicado publicado o pasado venres 13 na súa páxina Web, o expediente que a Xunta de Galicia ten aberto a radio comunitaria Cuac FM e chama a conceder licenzas aos medios comunitarios.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta a apertura dun expediente sancionador á emisora comunitaria da Coruña Cuac FM e insta á Xunta de Galicia a que desenvolva a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual para que os medios comunitarios poidan acceder a licenzas de radio e televisión.

Segundo o Colexio de Xornalistas:

“As ferramentas xurídicas para garantir un espazo ás radios e televisións comunitarias existen, só é precisa a vontade política para facelo. Por iso, o Colexio de Xornalistas insta a Xunta de Galicia a desenvolver, no prazo máis curto posíbel, a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, de xeito que se garanta a supervivencia dos medios comunitarios e non se siga a reducir o ecosistema informativo galego”.

CUAC FM  agradece as mostras de solidariedade e os comunicados de apoio amosados por moitos medios de comunicación a nivel estatal e internacional. Así, amosaron o seu apoio emisoras como Radio Malva, Radio Klara, EMA-RTV, Radio Ela; Radio Vallekas, Radio Kras, Hala Beti Irratia, Antxeta Irratia, Radio Cerna, Radio Corax, entre moitas outras. 

Son moitos tamén os xornalistas e profesionais galegos que teñen amosado o seu apoio a CUAC FM por mor do expediente da Xunta que promoveu o cese das emisións na FM á radio comunitaria da Coruña. Agradecemos a todos eles o seu cariño e contamos con todos vos para loitar  por unha licenza para CUAC FM que tras 21 anos como radio libre comunitaria da Coruñ ten demostrado con creces a súa labor comunitaria e de democratización mediática.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.