CUAC FM ofrece a posibilidade de formarse para poder emitir na Radio Comunitaria da Coruña.

Comeza o 22º curso radiofónico de CUAC FM e calquera persoa que o desexe pode sumarse a nosa programación. Para iso é imprescindible asistir a tres módulos formativos que impartimos dende a nosa Escola de Radio. O curso non ten custe algún, pero en caso de desexar completar a formación debes asociarte a CUAC.

As cuotas son de 1 euro ao mes para persoas estudantes, paradas ou xubiladas e 2 euros para o resto.

As formacións previstas para este mes son:

– Módulo 1: Sábado 16 ás 11.00 / Martes 19 ás 20.00
– Módulo 2: Venres 22 ás 19.00 / Sábado 23 ás 10.30 (en Olmos)
– Módulo 3: Xoves 28 ás 19.00 / Sábado 30 ás 11.30
Se tes interese, escribe a comunicacion@cuacfm.org co asunto: Quero facer radio.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.