cuacfm.org
O Festival Noroeste Estrella Galicia acollerá a catro bandas co XIX Concurso de CUAC FM
Hoxe recibimos os últimos votos por parte dos xurados do noso XIX Concurso de Bandas e solistas CUAC FM. Unha vez realizado o reconto, estamos a contactar coas bandas galegas que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e tamén coas que participarán na Batalla de Bandas previstas para o sábado 7 de outubro na sala Mardi Gras.