20170421radiobarrio

RADIOBARRIO é un proxecto de CUAC FM que nace co obxecto de dar difusión aos colectivos artísticos da cidade e crear sinerxias entre eles a través dunha ferramenta de comunicación tan poderosa como é a radio. Neste proxecto CUAC traslada a súa experiencia radiofónica á rua, para dar a coñecer o traballo das e dos artistas que residen na cidade, e fomentar a cultura de proximidade ao poñer en contacto ás creadoras e aos creadores coa veciñanza.

Roberto Ansede e Beatriz González, socios de CUAC, presentaron xunto co concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, este proxecto que tneta ser unha idea ambiciosa e novidosa que pretende dinamizar a actividade cultural de tres barrios da Coruña: Monte Alto, Sagrada Familia e Os Castros.

FOMENTANDO A CREATIVIDADE COLECTIVA

RADIOBARRIO dará comezo mañá, 22 de abril, desde as 11.30 horas no Centro Cívico de Monte Alto cun obradoiro de capacitación radiofónica aberto á veciñanza e especialmente aos artistas do barrio.

En dito obradoiro os participantes adquirirán nocións básicas de locución,produción radiofónica, comunicación inclusiva e , ademáis de principios xornalísticos.

A inscrición, que é gratuíta, pode realizarse a través deste FORMULARIO

Durante a vindeira semana, as e os asistentes ao obradoiro realizarán a produción do programa –labor no que terán o apoio de CUAC– que porán en marcha o sábado seguinte.

“A idea é que aquelas creadoras e creadores da música, literatura, cinema, videoxogos ou calquera manifestación relacionada co eido cultural, dean pulo a súa imaxinación nun espazo distinto ao habitual, como é a radio”. 

 

 

UN PROGRAMA DE RADIO DENDE O BARRIO DE MONTEALTO

O próximo día 29 de abril  os participantes producirán un programa de radio en directo, dende o salón de actos do Centro Cívico de Montealto,  entre as 12.00 e as 14.00 horas, con público, pois estará aberto á veciñanza. Durante a súa emisión, integraranse manifestacións artísticas, nas que se porán en valor aquelas orientadas a valores sociais e comunitarios.

Este programa poderase escoitar tamén no 103.4 FM ou por internet a través da web da radio comunitaria.

A proposta Radiobarrio, aberta a cidadanía como todas as iniciativas que forman parte da convocatoria do Concello da Coruña nomeada Cultura de barrio, terá continuidade na primeira quincena de xullo na Sagrada Familia e na segunda quincena de outubro nos Castros.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.