Con motivo do Día da Muller o 8 de marzo, os programas Radiantes, Radio Prometea, A Fume de Carozo, Alegría, Recendo, Simplemente Gente e Radioactiva tratarán diferentes temas relativos á muller.
Avance do que poderás escoitar o martes 7 de marzo:
Ás 17:00h, a rapazada de A Fume de Carozo daranos varias leecións sobre a situación da muller na sociedade.
Ás 18:00h, en Alegría, entrevista á Concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga e coas responsables da intervención artística Seres Humanas organizado por un grupo de mulleres artistas (no foto) que se fan chamar As Bárbaras.
E ás 19:00h, en Recendo, falaremos de feminismo.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.